Así que nos fomos a Trevinca un 6 de abril nunha mañá bastante fea e fría. Chegamos a Fonte da Cova e alí se quedou o coche porque había xeo na pista que vai ata a Escrita. Tiñamos claro pois que só subiríamos ó Trevinca Norte ou Peña Surbia. Co frio a neve estaba estupenda e non nos fixeron falta as raquetas. Pasiño tras pasiño, compartindo confidencias pero tamen silencios.O día foi despexando pouco a pouco para regalarnos xa na cume unha paisaxe solitaria e fermosísima: unha paisaxe de grandes espazos
