17 de noviembre de 2012

Peña Vieja (2619 m.): macizo central de Picos de Europa

A comenzos de tempada a pouca neve recen caída non soe dar moitas alegrías, pero ás veces unha pequena capa xa estabilizada con noites de xeada, pois se deixa. Se a ascensión comeza cedo, podemos ó inicio do inverno, cunha boa boa ruta.

A ascensión do "Peña Vieja" é moi rápida a partires do cable pois supón comezar a ruta a uns 1500 mts. Eso sí, o teleférico non está en funcionamento ata as 10. Demasiado tarde para a maioría.

"Horcados rojos" dende a " Vueltona"


Chegando á " Canalona", collau que da paso á vertente do "Peña Vieja" e dos picos de Sta Ana e con vistas ao Macizo Oriental



O Peña Vieja recen nevado

 Un rebeco

A "Peña Olvidada", 2406, dende o Mirador do Cable

mapa




17 de octubre de 2012

Aiguille du Tour (3.544 m)

A ascensión da Aguille du Tour. A un paso das montañas da Helvecia.
Trátase dunha bonita ascensión, rodeando parte do glaciar du Tour, escalando o "couloir" que da paso á Brecha da Table ( 2529) e seguindo pola arista final ao cume.
Na outra vertente, a suiza, o Valle du Trient, rodeado de cumes por enrriba dos 3500. Todas elas, rutas sen grandes complicacións, pero expectaculares.

 Aguille de Chardonet e Mont Blanc  ao fondo, sobresaen no Glaciar du Tour.





Ruta de ascenso e regreso







Arista final (a foto ten truco)


Primeiras horas cerca do Refuxio Albert I


Glaciar du Trient

30 de agosto de 2012

Pireneos 2012. Vallée de Gavarnie

 Seguindo a estela dos pioneiros

No Circo de Gavarnie. Ainda que se trata do lugar mais animado da rexión faise necesario coñecelo. O circuito pasando cerca do refuxio de Espuguetes foi un acerto.


A ascensión do Tres mil mais "Eiger" de todos ( 3144m ), ese cunha cara norde que escurece cada vez que miramos pra ela, que no inverno semella a "Piràmide de Carstensz" e no verán a de "Guiza", escalámola pola súa "brecha", e polo seu "espiñazo" mais doado.  

Taillón 3144 m


Subindo a Cauterets dámonos conta, todos, de canto nos queda por gañar e  ter uns bosques como istes. No país desvencellado que deixamos atrás, todo involuciona...veña, seguimos.
Por riba do lexendario refuxio de Wallon ( 1865 m ) quedan lagoas de montaña, onde estes galos, que ainda coidan o seu, botan troitiñas, e así os pescadores tamén poden amar a montaña. O percorrido pola ruta dos Lagos sube ata os 2420, o Lac du Pourtet. 6 horas de marcha.



Estamos listos pra afrontarnos a isa montaña, a que subiremos o derradeiro día. Este sí que é o Mte Perdido !. Digamos  que imos á Vallée d´Ossau, por que está na familia do Macizo mais renombrado entre os pireneistas, Vignemale, pero solitaria como ningunha. E moi fermosa. E por iso, o esforzo tan intenso, o sufrimento tan desesperante, na subida e na baixada, como un mundo de jrande, compensa. ¿ non sí ?

Gran Pic de Tapou, 3150

 

 
E como todo ben rematou , apesares da chuvia e os lóstregos, Jean Paul e o seu polo, dificil de engulir , o famosísimo "croque mesieur" da tan nomeada cociña francesa, e chegar a tempo pra se sentar nun Restó, ainda así, sabíamos moi ben que de retorno a ourense nos esperaban uns ovos con pataquiñas...e unha caña
 


21 de mayo de 2012

La Sociedade Galega de Historia Natural denuncia la 'destrucción deliberada' de nidos de golondrina en Trives (Ourense)

La Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) ha denunciado la 'destrucción deliberada y masiva' de unos 50 nidos de golondrina situados en la fachada de un inmueble de la Praza Doutor Paz, en donde esta especie 'criaba desde hace más de medio siglo'.
En un comunicado, la asociación dedicada al estudio, conservación e defensa del medio natural ha explicado este domingo que la destrucción de estos nidos fue llevada a cabo 'por parte de operarios municipales' tras las demandas 'de parte de los vecinos descontentos con los excrementos de las aves'.

Ante estos hechos, la SGHN ha recordado que todas las especies de golondrina 'están estrictamente protegidas por la legislación' y ha asegurado que 'las molestias ocasionadas por los excrementos podrían ser evitadas fácilmente con una pequeña tabla bajo los nidos'.

Por último, la asociación ha considerado 'necesario' que la gente 'entienda que en la inmensa mayoría de casos las aves silvestres que habitan en las ubres' aportan 'beneficios directos y calidad de vida' a los habitantes. Así, ha puesto como ejemplo 'el gran poder insecticida' de esta especie.

25 de abril de 2012

Os indignados do Xurés

Xa sabedes, xeográficos e amigos, que no  Gerés haberá que pagar por dar un paseo por, por exemplo, na Mata de Albergaría. No Xurés, nin pagando irá a xente. Non queda nada. Andan quentes en Queguas, por que valen menos que os do Eume. Nestes tempos os irmáns mátanse por un óso.
O 25 de abril protesta en Caldas polo abuso no cobro de peaxe .
Os indignados do Xurés  estan à espera de novas dos seus gobernantes.


O Director Xeral de Conservación da Natureza e o alcalde de Muíños 

18 de abril de 2012

Manzaneda

16 de abril. Hai anos que non viña unha nevada como ista.
A estrada de Trives á estación, ancheada de forma cruel e chapuceira, permite aproximarse rápidamente
a todo esquiador galego que se precie. E nós, podemos aproveitar esta desastrosa infraestructura ( infra polo de tercermundista) e achegarnos cas raquetas ou foquear pola serra.


(as fotos son cedidas por anónimos internautas, pero así me atopei Manzaneda iste Lúns)

6 de marzo de 2012

Erythronium dens-canis

Erythronium dens-canis ( dente de can, dente sangriento ou mantecón)

   Pranta bulbosa, de bulbo oblongo, glabro, branco, ca apariencia dun diente de can, de aí seu nome.Atopámola por todo o sur e centro de Europa. Na península aparece por todo o norte en lugares frescos como pastizais e sotobosque, sobre cháns ácidos por enriba dos 1000 metros. É unha pranta de Alta Montaña, cunha fermosa  flor violácea que vemos nas nosas montañas mais frecuentadas. En Queixa e no Xurés-Geres estan agora mesmo en plena floración. Pode que sexan, xunto cos pequenos Narcisos de cor amarela, as primeiras flores en sair, e que nos informan de que o inverno esta a marchar.  Temos pois un bó momento para disfrutar do primeiro intento da primaveira por sair adiante.

 Aquí deixo algunha foto do que podemos atopar no camiño a Fonte Fría ou á Rovalva a partires dos 1000 metros, terreno alpino.

 



 

26 de enero de 2012

A Rocalva e O Borrageiro ( Gêres )

Ascendemos o Borrageiro dende Leonte pasando pola Lomba do Pao e a cabana da Rocalva. 
Un mundo de rocha, penedos fisurados, placas graníticas. A Rocalva merece unha trepada sen marcala. Igual un pouco para subir seguros. A Roca negra parece mais seria. Mais adiante. Unha vez mais O Gêres convértese no escenario perfecto, ¿Non sí ?

video

10 de enero de 2012

Serra da Enciña da Lastra

A maquinaria da depredación ambiental segue en marcha. Desta volta, trátase dunha canteira en pleno corazón do parque natural da Serra da Enciña da Lastra, no concello de Rubiá (Ourense). Dáse a casualidade de que ademáis, a área afectada está catalogada como ZEPVN, LIC e ZEPA, sendo parte da Rede Natura galega. Dado que a actividade mineira non está permitida nun Parque Natural, e que esta actividade está expresamente excluida polo Plano Director da Rede Natura, dende ADEGA se preguntan que fai unha administración tramitando un permiso contrario á lexislación vixente. Se a Rede Natura fora algo máis que un ente virtual declarado por imperativo legal de Europa, no que a Xunta non acredita o máis mínimo, non intentarían "coar" estes proxectos agresivos mentres a administración mira para outro lado.
aquí

Pero que quede moi claro, facer espeleoloxía, escalar, observar aves ou reptiles ou simplemente andar polas sendas deste lugar non esta permitido pois perxudica ó ecosistema do lugar e non da cartos.

3 de enero de 2012

Sanabria

No mes de decembro acadamos xa os 8 graos por debaixo de cero nas montañas de Sanabria. A neve ainda non  caeu e dende a lagoa de Sotillo só os pequenos regatos e as charcas  aparecen xeadas durante toda a xornada.
O camiño segue a senda que tan ben coñecemos, que tanto trotamos. Hoxe marcada como GR84. Os hitos son altos pero moito me temo que non o suficiente ante as grandes nevaradas que han de chegar.

Algunha foto para ilustrar as dúas duras xornadas de montaña.
Saúdos

As cascadas de Sotillo, cerca da lagoa do mesmo nome, aparecen con xeo.

Trevinca e Pena Negra ao fondo