Saimos dende o refuxio de Góriz, que coa afluencia de público parecía case un albergue do Camiño de Santiago.
Seguindo a normal do Perdido e cando xa se alcanza o espolón de roca nos desvíamos á dereita por unha canal para continuar esta vez pola que é a ruta hacia o Pico Escaleras. Superada a canal e comenzando a subir as primeiras gradas as vistas son impresionantes pois temos o Cañón de Ordesa ás nosas espaldas.
Pero en vez de seguir subindo, flanqueamos á dereita ata chegar ao circo do Ramond ben cheíño de neve este mes de agosto tanto que o ibón de Arrablo está desaparecido.
A medida que avanzamos polo glaciar imos vendo millor o corredor NW, que é por onde imo subir. Está limpo de neve, pero é unha acumulación de roca totalmente descomposta pola que progresamos con moito, moito tino.
Corredor NW |
Unha vez superado este, o patio que nos espera é impresionante; dende ahí ata a cume seguimos o cresterío, soedade absoluta e pedra totalmente desfeita.
Non paramos moito na cume pois non tiñamos nada clara a baixada. Esta fíxémola ao final da arista da cima en dirección este. Non moi fácil. Despois vimos que a normal baixa por outro lado (cousas que pasan).
Ollando Pineta á esquerda |
Logo ata a Punta das Olas xa foi un paseo, paseo lunar...
Descansamos un chisco nesta cume e dende ahí xa baixamos ao GR 11 en dirección ao Collado Superior de Góriz ou de Arrablo, para voltar esta vez pola serra da Custodia para coller o autobús de Nerín.