25 de agosto de 2010

Bike Park


Seguindo a discusión do Transourensán , temos tamen presente na montaña a cultura do vaguismo,
sí, esa forma de facer deporte sen esforzo, curioso, como outras facetas da vida. Os mesmos que son triunfadores mediocres sen mover un dedo e grazas a seu Deus, asaltan o monte correndo, en cuatrimotos ou en mountain bike.
En Manzaneda dende hai tempo as sendas marcadas non son de patear, son das bicis que só baixan. Calqueira fai subir a un pijo deses...

3 comentarios:

Antón Gavela dijo...

E unha magoa que logo de tantos anos non podames ver actividade en Manzaneda todo o ano,tendo en conta as grandes capacidades da zona onde esta instalada a estacion.Camiñatas ou andainas pola serra buscando todo tipo de obxetivos,escaladas,travesias en btt,arrieiradas con cabalos,raquetas,esqui de todo tipo potenciacion de pic-nic no mellor estilo frances,excursionismo en xeral e vaguismo contemplativo en particular.
¡¡se nos deixaran...!! non teñen p...idea

Aninha dijo...

Non hai necesidade algunha de entrar en tales descalificativos....non é necesario facelo para denunciar unha actividade ou a un grupo de persoas

J Garcia dijo...

Segue habendo xente que patea, explora, fotografía e disfruta de Manzaneda. E durante todo o ano. Non creas que es tí o único.

As pistas preparadas para os descensos en bicicleta de montaña permiten (fora dos fins de semana do verán) boas camiñatas. Sen as bicis estarían pechadas.

En fin, creo que son comentarios desafortunados, en parte fruto do descoñecemento do deporte da biclicleta. Terías que ver como remata a xente que participa na proba da "Avalancha".