Corría o ano 1988 cando arrepiadamente pero cas ideias ben craras, Quico Valencia e Anton Gavela atopaban no macizo de Pena Trevinca , na beira leonesa do cume Picon, cara a Baña, no coñecido como" Valle de Cuadro" un feixe de fervenzas de considerabel tamaño e variada formacion.Logo de exploracions intensas e de sesudos estudos cartográficos por fín deron con elas ,tiñan craro que estaban alí e así foi.
Finalmente no inverno do 1988, antes de marchar na primeira expedición ourensana cara as Montañas do Atlas Africano poderon ensallar as posibilidades do xeo das fervenzas do regato de Cuadro, e iso que non foran as montañas de Trevinca moi visitadas pola neve nesta tempada polo que as fervenzas atopábanse formadas polo que as paisanos chaman" augas quentes" é dicer froito do frio extremo das xiadas e case que sin neveiras, bautizando a mais longa delas que se atopa separada certamente do grupo principal das mesmas coma a fervenza "Ferminha ao Picon" na honra do Fermin garda do refuxio de Fonte da Cova que tantas axudas botou aos montañeiros galegos.
Pasaron xa vintetres intensos anos e as fervenzas figuran nas guias mais completas da escalada en xeo na peninsula,mágoa que nalgunha delas desvirtuárase o topónimo real do "Valle de Cuadro" polo de Val das Fervenzas que nunca existíu e é froito de visitantes posteriores que quixeron rebautizar de xeito irregular unha zona leonesa que conta ca sua denominacion autoctona ben reflexada por certo na cartografía oficial.
Deixamosvos ilustraciós fotográficas daquelas memorabeis escaladas no xeo ,poderase observar o primitivo material tecnico do momento.