20 de febrero de 2011

Macizo de Trevinca, invernal na lagoa e circo do Malicioso





O circo e a lagoa de Malicioso atópanse agachados nas montañas da "Cabrera Baja", á beira dos Picos do Vizcodillo (2127m.). Botan as suas augas cara a provincia de Leon, coma un  sorpresivo andar dende o que teñamos que saltar sobor da paisaxe.
Non é doado atopalos, máis dificil ainda dende a estrada que saíndo do pobo de Truchas camiña cara o alto do Portón.

Tomaremos coma referencia un chamativo espolón rochoso que mírase con craridade a esquerda da cara norte do Pico Vizcodillo, na sua base, agachado coma xogando as agachadiñas atoparemos iste tesouro do Macizo das Trevincas. Moitas son as posibilidades que nos agasalla coma terreo de xogo para actividades de montañismo invernal, sendo ademais un terreo de descuberta de primeiro orden.

1 comentario:

kico dijo...

O Vizcodillo agacha tesouros como ben dís. Dende o Portón realízase unha fermosa ascensión, como coñeces de sobra, que nos achega a un dos mais altos cumes trevincanos, por unha roma arista que agora mesmo é puro xeo, acompañado do xélido vento do norte. Un paraíso invernal