23 de octubre de 2011

Camiñando

Agora que xa chega o Outono preparámonos para camiñar por sendeiros húmedos, soutos cheos de froitos que en nada pasarán pola súa festa para solaz do sendeirista e amante do vivo. Como estarán as nosas fragas ? Quedará algo verde, algo vivo ?. Ou teremos que dedicarnos a ver futbol no Bernabeu, en directo, para esparcimento e alivio do traballo ben feito. Lume como o deste verán. Que vergonza de país !!


1 comentario:

Antón Gavela dijo...

Falla sentido de país,de comunidade,moito falar de galeguidade,de amor pola terra...falar,falar ,falar.A verdade é que papamonos nós mesmos,que non entendemos a natureza por moito que esteamos perto dela comunmente na Galicia.¿auto odio?.Lembro unha pateada pola serra de San Mamede onde hai dous anos cachamos infragantes a dous cazadores prendendo lume perto do Penedo da Lebre ,o mirarnos apagaron as xestas que escomenzaban a arder e miramonos en silencio con ollada desafiante.Eu si vin a cazadores prender lume na serra e hoxe na nosa terra hai 50.000 deles polos montes acosando a fauna que andará a refuxiarse dos lumes recentes .Faciles victimas sen moito onde agacharse dun inmenso exercito de escopetas e ansiosos canidos .PARADE ISTO!! Iste ano compre unha moratoria cinexética na Galicia.