12 de diciembre de 2011

GR-84: Integral do "Parque natural del lago de Sanabria"

Interesantísimo sendeiro de gran percorrido que con 89 km. en seis etapas, saíndo dende a Casa do Parque, circunda os limites diste gran espazo natural que con tanto acerto xestionan dende a Comunidade castelan-leonesa.
Arranxáronse un bo feixe de refuxios na montaña aproveitando estructuras de antigos chozos na serra, preparáronse un bo numero de fontes, pontiñas e dotouse dunhas balizas de sinalizacion solidas e pensadas para a invernía.
Grazas por un traballo ben feito, non sei si pola banda de Galicia pegarasenos algo.






Quedanos pendente para protexer completamente iste gran espazo natural que se chama Macizo de Trevinca atopar recursos de protección e xestión medioambental nas zonas de Leon e Ourense atacadas polo mal das pizarreiras que devoran as montañas con instinto depredador cal pais tercermundista coa colaboura dos gobernos correspondentes. Namentras disfrutade diste parque único.

1 comentario:

kico dijo...

Fágome a pregunta de cal é a razón pra que os pizarreiros non lle entren a Sanabria. ¿protexe de verdade a catalogación de "Parque" ou é que son zamoranos? León esta reventando a vila de La Baña e son famosos polas intrigas xudiciais nas que andan metidos en Ubiña ou Picos, sempre polo mesmo. Hai que irse pra Zamora Antón. Terra de bós viños e coidan Trevinca.