Erythronium dens-canis
Erythronium dens-canis ( dente de can, dente sangriento ou mantecón)
Pranta bulbosa, de bulbo oblongo, glabro, branco, ca apariencia dun diente de can, de aí seu nome.Atopámola por todo o sur e centro de Europa. Na península aparece por todo o norte en lugares frescos como pastizais e sotobosque, sobre cháns ácidos por enriba dos 1000 metros. É unha pranta de Alta Montaña, cunha fermosa flor violácea que vemos nas nosas montañas mais frecuentadas. En Queixa e no Xurés-Geres estan agora mesmo en plena floración. Pode que sexan, xunto cos pequenos Narcisos de cor amarela, as primeiras flores en sair, e que nos informan de que o inverno esta a marchar. Temos pois un bó momento para disfrutar do primeiro intento da primaveira por sair adiante.
Aquí deixo algunha foto do que podemos atopar no camiño a Fonte Fría ou á Rovalva a partires dos 1000 metros, terreno alpino.
3 comentarios:
Un saúdo, son un visitante esporádico do blogue, vou facer unha pequena crítica construtiva para mellorar a nosa relación coa montaña, é en relación con esta fermosa planta: o Dente de Can, vendo a imaxen do bulbo coido que sería mellor non arrincar estas prantas que aínda parezan abondosas nalgunhas zonas están moi localizadas, saúdos de novo e disculpai pola suxerencia
Moitas grazas polo comentario e podo asegurarche que non lle fixen ningún mal a esta fermosa planta. A imaxe do bulbo podes atopala na rede.
alégrome moito, é ben comentalo
un saúdo
Publicar un comentario