30 de agosto de 2012

Pireneos 2012. Vallée de Gavarnie

 Seguindo a estela dos pioneiros

No Circo de Gavarnie. Ainda que se trata do lugar mais animado da rexión faise necesario coñecelo. O circuito pasando cerca do refuxio de Espuguetes foi un acerto.


A ascensión do Tres mil mais "Eiger" de todos ( 3144m ), ese cunha cara norde que escurece cada vez que miramos pra ela, que no inverno semella a "Piràmide de Carstensz" e no verán a de "Guiza", escalámola pola súa "brecha", e polo seu "espiñazo" mais doado.  

Taillón 3144 m


Subindo a Cauterets dámonos conta, todos, de canto nos queda por gañar e  ter uns bosques como istes. No país desvencellado que deixamos atrás, todo involuciona...veña, seguimos.
Por riba do lexendario refuxio de Wallon ( 1865 m ) quedan lagoas de montaña, onde estes galos, que ainda coidan o seu, botan troitiñas, e así os pescadores tamén poden amar a montaña. O percorrido pola ruta dos Lagos sube ata os 2420, o Lac du Pourtet. 6 horas de marcha.



Estamos listos pra afrontarnos a isa montaña, a que subiremos o derradeiro día. Este sí que é o Mte Perdido !. Digamos  que imos á Vallée d´Ossau, por que está na familia do Macizo mais renombrado entre os pireneistas, Vignemale, pero solitaria como ningunha. E moi fermosa. E por iso, o esforzo tan intenso, o sufrimento tan desesperante, na subida e na baixada, como un mundo de jrande, compensa. ¿ non sí ?

Gran Pic de Tapou, 3150

 

 
E como todo ben rematou , apesares da chuvia e os lóstregos, Jean Paul e o seu polo, dificil de engulir , o famosísimo "croque mesieur" da tan nomeada cociña francesa, e chegar a tempo pra se sentar nun Restó, ainda así, sabíamos moi ben que de retorno a ourense nos esperaban uns ovos con pataquiñas...e unha caña
 


4 comentarios:

Antón Gavela dijo...

un exemplo mais que da a xeografica de como fanse as cousas na montaña,con criterio, sempre creando o amor por elas,buscando o caseque descoñecido,amosando o mais bello ,explorando a soedade dos macizos.Un acerto mais amigos xeograficos.Parabens,espero estar na seguinte aventura,xa non me cabe no corpo.

rojo1 dijo...

Parabéns polo Gran Ubiña. A próxima xeográfica por ises lares paréceme a mín

Antón Gavela dijo...

Certamente Ubiña e os seus contornos paga a pena,mais hai un pero, que cada dia poñenolo mais dificil ca chea de mastins que hai que sofrir.Xa contaremos Gabri e mais eu pero pasamolas canutas,e mellor ir na primavera ou no inverno,digocho de certo.

Aninha dijo...

Fermosa saída!! Os Pirineos deberían estar máis cerca!