25 de septiembre de 2013

Pico de Añisclo ou Soum de Ramond (3254) e a Punta das Olas (3002) polo glaciar de Ramond

Este verán na semana que estivemos polos Pirineos fixemos estes dous tres miles que se poden encadenar sen dificultade nunha mesma xornada.
Saimos dende o refuxio de Góriz, que coa afluencia de público parecía case un albergue do Camiño de Santiago.
 
Seguindo a normal do Perdido e cando xa se alcanza o espolón de roca nos desvíamos á dereita por unha canal para continuar esta vez pola que é a ruta hacia o Pico Escaleras. Superada a canal e comenzando a subir as primeiras gradas as vistas son impresionantes pois temos o Cañón de Ordesa ás nosas espaldas.

 

Pero en vez de seguir subindo,  flanqueamos á dereita ata chegar ao circo do Ramond ben cheíño de neve este mes de agosto tanto que o ibón de Arrablo está desaparecido. 



A medida que avanzamos polo glaciar imos vendo millor o corredor NW, que é por onde imo subir. Está limpo de neve, pero é unha acumulación de roca totalmente descomposta pola que progresamos con moito, moito tino.

Corredor NW

Unha vez superado este, o patio que nos espera é impresionante;  dende ahí  ata a cume seguimos o cresterío, soedade absoluta e pedra totalmente desfeita.

Non paramos moito na cume pois non tiñamos nada clara a baixada. Esta fíxémola ao final da arista da cima en dirección este. Non moi fácil. Despois vimos que a normal baixa por outro lado (cousas que pasan).


Ollando Pineta á esquerda





Logo ata a Punta das Olas xa foi un paseo, paseo lunar...






Descansamos un chisco nesta cume e dende ahí xa baixamos ao GR 11 en dirección ao Collado Superior de Góriz ou de Arrablo, para voltar esta vez pola serra da Custodia para coller o autobús de Nerín. 















4 comentarios:

Antón Gavela dijo...

Impresionante.Gran saida montañeira,dificultade,soedade,"buscandose la vida";quen poidera ir na vosa compaña.
Por certo ,a informacion de primeira.
Parabens,parabens e parabens meus amiguiños.

Aninha dijo...

Moitas grazas!!!

Temos que organizar unha rápida de novo a Pirineos!! é posible, factible, etc...

Manuel dijo...

Un bo artigo. Envexa me dades !!!

Sociedade xeográfica dijo...

Grazas Manuel!