O camiño ben pode iniciarse en Albite, onde a Federacion de montaña posee un refuxio,ou ben dende Pitoes.
Precisamos dous coches por non ser unha ruta circular, e dun permiso a solicitar na casa do parque sito en Lobios, onde de paso podemos comer algo no Bar Lusitano, aínda que a Casa Dom Pedro situada no alto de Junias, goza de grande popularidade entre os nosos camiñantes.
Si facemos a saída dende Pitoes o camiño sae do mesmo collado de Pitoes onde están localizados os restos dunha mámoa.
Primeiro unha lixeira ascensión e logo descende através da fraga ata o río para enfilar unha empinada subida dende onde case se divisa xa a vila de Salgueiro.