O estudo xeográfico e a exploración do medio físico e humano através de actividades culturais, de exploración e aventura.
4 de marzo de 2010
Trilho circular da Peneda: Parque nacional da Peneda-Geres
Trilho circular que saindo pola traseira do santuario da virxen da Peneda por camiño empedrado sube ata beirear a fraga da Meadinha que conta con longas vias de escalada en magnifica rocha granitica abertas maiormente por escaladores galegos e mais recentemente por portugueses.Logo de beirear as paredes rochosas chegamos a unha preciosa lagoa con penedo garacteristico no meio das suas augas, pasaremosla pola dereita para ir a voltear seguindo o trilho a mole de Penameda(1268m) ,chegando a unha golada onde colleremos a dereita en direccion norde visionando a estrada que ven de Lamas de Mouro polo val do rio Pomba.Tenderemos a voltear cara o leste continuando de seguido polas costas de Penameda ata baixar precipitadamente a estrada do santuario da peneda que continuaremos a dereita ata chegar de novo ao mesmo pola sua traseira logo de tres horas de gostosa andaina.O trilho non se atopa marcado totalmenmte,mais podemos axudarnos das mariolas (hitos) que proliferan abondosamente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Témola que repetir!! É un lugar moi fermoso
Publicar un comentario