31 de marzo de 2010

De Pitoes de Junias a Salgueiro

Esta zona goza dunha especial predilección pola nosa parte, sen desmerecer o resto do Xurés-Gêres.
O camiño ben pode iniciarse en Albite, onde a Federacion de montaña posee un refuxio,ou ben dende Pitoes.
Precisamos dous coches por non ser unha ruta circular, e dun permiso a solicitar na casa do parque sito en Lobios, onde de paso podemos comer algo no Bar Lusitano, aínda que a Casa Dom Pedro situada no alto de Junias, goza de grande popularidade entre os nosos camiñantes.

Si facemos a saída dende Pitoes o camiño sae do mesmo collado de Pitoes onde están localizados os restos dunha mámoa.
Primeiro unha lixeira ascensión e logo descende através da fraga ata o río para enfilar unha empinada subida dende onde case se divisa xa a vila de Salgueiro.

1 comentario:

Antón Gavela dijo...

Falaremos do miragre da cabra brava que foi reintroducta polo esforzo do parque portugues,moi teimudo pedindo o apoio do goberno españolo.
Graciñas a comunidade europeia que co conto do Parque Transfronteirizo pulou por elo e hoje poidemos disfroitar da beleza distes javeadores mamiferos de pezuña.
SALGUIEIRO centro reintroductor excepcional