29 de marzo de 2010

A guerrilla antifranquista no Macizo Central de Ourense


No Macizo central ourensán, entre San Mamede e Queixa, achégamonos á "Edreira".
Pasando polo complexo gandeiro semiderrubado da
"Ferreiría", onde falamos cun dos propietarios. Dende alí teremos unha hora e media a paso largo. Neste marzal húmido, o río vai de auga coma nunca. Os cumes continúan con neve, e as pradeiras da Edreira convidan ó solaz. Fermoso percorrido de natureza e historia. Sin lugar a dúbidas aínda resoan os disparos da garda civil, que pola aplicación da " ley de fugas " deron morte ós "fuxidos" e ós donos do caserío, e destruíron as construccións do lugar. Ainda se ve a ponte e outras casas caídas ..ano 1949, non hai tanto.
Co xusto permiso e referencia a diariodeunmedicodeguardia.blogspot.


4 comentarios:

Antón Gavela dijo...

Do fOUCELLAS FALAREMOS NOUTRA SI CHE PARECE,xa que faalas da Edreira moi acertadamente coma cova de fuxidos,direiche que por istas terras de Queixa o que operaba era a partida do guerrilleiro coñecido coma O MARIO DE LANGULLO que tiña coma unha das suas bases A EDREIRA.
Lembraras Qviqus un campamento infantil da Federacion galega de montaña que non rematamos por mor do mal tempo e que preparamos nos lameiros camiño da Ferreiria.O home de AS TABOAZAS que nos deixaba os lameiros ,coido que chamabase Sebastian, contaba que os seus primeiros zapatos de neno foran un agasallo do MARIO.A memoria ainda vive.
Na EDREIRA vivia Francisco Galan ,o galan,ca sua familia e era un apllo dos fuxidos,foi morto pola garda civil nun gran operativo desta en escarmento por elo e supostamente mataron tamen a catro ou cinco fuxidos que con toda probabilidade estan soterrados ali.Logo desta masacre queimaronno todo ,o lugar quedou coma o coñecemos hoxe nin a ponte salvouse.Parece que a chouza que se atopa nos lameiros tiñanna coma capela asegun alguns pastores da Ferreiria
Moi acertado iste tipo de entradas na xeografica,parabens.

Sociedade xeográfica dijo...

A exploración destes lugares cargados de historia é precisa pra non esquecer o noso pasado nestas aciagas épocas. Eses primeiros zapatos representan moito. Ben seguro que os gardas civiles non levaron agasallo algún...

Sociedade xeográfica dijo...

Vexo que tés en preparación unha entrada sobre O Maquís... ánimo, que tí podes

David Simón-Lorda dijo...

http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2009/12/na-edreira-buscando-rastros-de-la.html