14 de diciembre de 2011

Ascensións na zona de Ubiña: Os "Huertos del diablo"

En setembro estivemos por esta zona de Ubiña!! foron uns días preciosos!!
O acceso aos "Picos del Huerto del Diablo" fixémolo dende Puerta Ventana. Súbese nun santiamén!! e as vistas son maravillosas.

12 de diciembre de 2011

GR-84: Integral do "Parque natural del lago de Sanabria"

Interesantísimo sendeiro de gran percorrido que con 89 km. en seis etapas, saíndo dende a Casa do Parque, circunda os limites diste gran espazo natural que con tanto acerto xestionan dende a Comunidade castelan-leonesa.
Arranxáronse un bo feixe de refuxios na montaña aproveitando estructuras de antigos chozos na serra, preparáronse un bo numero de fontes, pontiñas e dotouse dunhas balizas de sinalizacion solidas e pensadas para a invernía.
Grazas por un traballo ben feito, non sei si pola banda de Galicia pegarasenos algo.






Quedanos pendente para protexer completamente iste gran espazo natural que se chama Macizo de Trevinca atopar recursos de protección e xestión medioambental nas zonas de Leon e Ourense atacadas polo mal das pizarreiras que devoran as montañas con instinto depredador cal pais tercermundista coa colaboura dos gobernos correspondentes. Namentras disfrutade diste parque único.

1 de diciembre de 2011

César Pérez de Tudela

CÉSAR PÉREZ DE TUDELA: 'La vida es una aventura, no sabes como termina'

 Así,  con este título, Tudela falará este xoves ( 01/12/11 ) no  Foro La Región. A partires das oito e cuarto da tarde no Centro Cultural da Diputación

ir a La Region

Manzaneda 1/12/2011

Caíron as primeiras folerpas nos cumes da Serra. Co auténtico frío ainda sen aparecer, estas finas capas de neve permanecen nas sombras, agachadas, a espera de que veñan mais, porque son mais seguro. Son a avanzadilla dun inverno riguroso que invadirá a alta montaña ourensá. Ídevos preparando

23 de octubre de 2011

Camiñando

Agora que xa chega o Outono preparámonos para camiñar por sendeiros húmedos, soutos cheos de froitos que en nada pasarán pola súa festa para solaz do sendeirista e amante do vivo. Como estarán as nosas fragas ? Quedará algo verde, algo vivo ?. Ou teremos que dedicarnos a ver futbol no Bernabeu, en directo, para esparcimento e alivio do traballo ben feito. Lume como o deste verán. Que vergonza de país !!


13 de septiembre de 2011

Pé do Cabril, O Gerés


Seguindo a Geira Romana ( coma dín nas Terras de Bouro ) a partires do Río Homem e hacia o sur, chegamos a Leonte. Este lugar tan ben recoñecido por nós, por ser o punto de saída de numerosas ascensións e percorridos na Serra, que en pouco tempo, por sendeiros ben Trillados e aproveitando algún ferro na parte final, achéganos o cume do Pé do Cabril de 1156 m.

28 de julio de 2011

As Ubiñas

Ponte de Santiago na Babia leonesa.
Ascendimos a Ubiña Pequena, 2203 m, dende Villargusán, pola "normal" na zona de Cerreos, vertiente NE, con pasos de II e III e descendemos pola súa cara Sur, con destrepes de III.

Ascensión Do Peña Ubiña, 2417 m





16 de mayo de 2011

Cuarenta anos do Gêres cómo Parque Nacional-Muito obrigado Tude de Sousa

Hai cuarenta anos no Maio de 1971 foi creado o PNPG(parque nacional Peneda -Geres)no noso país veciño.Sempre que visitaba o Parque,e fíxeno de primeiras no escomenzo dos anos oitenta,chamábame moito a miña atencion, hoxe desafortunadamente cada vez menos,o aire novechentista da Vila do Geres e o xeito forestal e paisaxístico certamente anglosaxón con craras influenzas dos Parque estilo norteamericano coma Yosemite ou Yellownston,mesmamente semellaba que o oso Yogui saería a toparse connosco en calquera intre .Pouco a pouco,visita a visita a vez que disfroitaba das xoias que iste parque atesoura medraba en min cada vez mais a figura do seu grande inspirador,Tude Martins De Sousa.
Tude De Sousa  naceu en 1874 fillo de pais de condicion humilde: nasci pobre,muito pobre mesmo,escrebía nunha nota autobiografica.O pai era asalariado rural e a nai criada dunha señora da poderosa e rica familia Maggessi,que quedou comprometida ca sua educacion.
Logo de ter pasado moi en contra do seu paracer polo seminario ,remata aos 15 anos matriculandose na escola agricola de Coimbra,aos 19 conclíu o curso de regente agricola e despóis do correspondente concurso publico foi nomeado Regente Forestal nos servizos de Arborizaçao da Serra do Geres.
O seu obxetivo era protexer e desenvolver a foresta e disciplinar a actividade agro-pastoril da poboacion local(a instalacion de los servicios forestais non fora pacifica certamente).Debo convencer a aquelas rudas e deamparadas poboazós alpestres ,que tanto o estado,coma a foresta,non son os seus enemigos,antes estan na serra pra proporcionarlles ensinanzas e riquezas.
Tude De Sousa pasou apenas 11 anos no Geres,marchou en 1915, pero abondan de mais istes anos pra deixar os sinais que de seguido marcaron a paisaxe forestal  do Geres,o gosto das sinalizacios do Parque ,o xardin botanico,os refuxios e a casas abrigo forestais, os regatos e ribeiros e a defensa da etnografia a natureza  e os rochedos inmensamente outos e abondosos.



Un muito obrigado Tude De Sousa ,señor do Geres, sen dubida un home humilde que como chegou marchou, sen cascabeis, en silencio, pero cunha obra feita para gosto de todos e que a todos nos obriga a respeitar e defender.
                           grazas

30 de abril de 2011

Ruta do Fecha e Vía Nova

 Pasando polas augas quentes de Río Caldo, os enxeñeiros Romanos deixaron estratéxicamente empedrado un camiño fermosísimo que enlazaba Bracara con Astúrica. Se as estradas da diputación ou do estado non aguantan catro misas, esta direita calzada romana leva soportando carruaxes dende hai mais de dous mil anos. Se xuntamos con ela o sendeiro do Fecha e a pista das sombras danos un percorrido cheo de encanto

Pitoes a Fontefría

Antes da chegada as primeiras granxas da aldea de Pitoês, unha pista  en dirección norte  nos enfrenta à Fraga de Brazalite e mais aló, a Fontefría, con 1457. A Brazalite é o exemplo espectacular dos penedos graníticos destes montes, da fraga no concepto de grande parede. Nos bosques que ainda perduran agachados


entre valles, onde a mán temerosa do pastor ainda soporta a tentación, a primaveira impresiona o chán con frores de alta montaña. Toda unha paisaxe alpina...
 Fraga de Brazalite







Fontefría

4 de abril de 2011

Montrabea:o regato dos glaciares colgados




Recente descuberta da xeografica aproximandonos aos Fueyos Leoneses  resto da glaciacion residual das Trevincas e a Sierra de la Cabrera.Interesante apoio do novo refuxio forestal que facilita a aproximacion

7 de marzo de 2011

Raquetas de neve: serra de Queixa

Queixa témola que coller no momento adecuado, que coincide xústamente ca nevada ou o intre inmediatamente posterior. Ir mais aló no tempo implica a rápida desaparición da neve. Pero sempre hai cousas que facer!

20 de febrero de 2011

Macizo de Trevinca, invernal na lagoa e circo do Malicioso





O circo e a lagoa de Malicioso atópanse agachados nas montañas da "Cabrera Baja", á beira dos Picos do Vizcodillo (2127m.). Botan as suas augas cara a provincia de Leon, coma un  sorpresivo andar dende o que teñamos que saltar sobor da paisaxe.
Non é doado atopalos, máis dificil ainda dende a estrada que saíndo do pobo de Truchas camiña cara o alto do Portón.

Tomaremos coma referencia un chamativo espolón rochoso que mírase con craridade a esquerda da cara norte do Pico Vizcodillo, na sua base, agachado coma xogando as agachadiñas atoparemos iste tesouro do Macizo das Trevincas. Moitas son as posibilidades que nos agasalla coma terreo de xogo para actividades de montañismo invernal, sendo ademais un terreo de descuberta de primeiro orden.

13 de febrero de 2011

Pena Trevinca e as escaladas nas fervenzas de xeo .1988. Picon, Ano cero

Corría o ano 1988 cando  arrepiadamente pero cas ideias ben craras,  Quico Valencia e Anton Gavela atopaban no macizo de Pena Trevinca , na beira leonesa do cume Picon, cara a Baña, no coñecido como" Valle de Cuadro" un feixe de fervenzas de considerabel tamaño e variada formacion.Logo de exploracions intensas e de sesudos estudos cartográficos por fín deron con elas ,tiñan craro que estaban alí e así foi.
 Finalmente no inverno do 1988, antes de marchar na primeira expedición ourensana cara as Montañas do Atlas Africano poderon ensallar as posibilidades do xeo das fervenzas do regato de Cuadro, e iso que non foran as montañas de Trevinca moi visitadas pola neve nesta tempada polo que as fervenzas atopábanse formadas polo que as paisanos chaman" augas quentes" é dicer froito do frio extremo das xiadas e case que sin neveiras,  bautizando a mais longa delas que se atopa separada certamente do grupo principal das mesmas coma a fervenza "Ferminha ao Picon" na honra do Fermin garda do refuxio de Fonte da Cova que tantas axudas botou aos montañeiros galegos.
Pasaron xa  vintetres intensos anos e as fervenzas figuran  nas guias mais completas da escalada en xeo na peninsula,mágoa que nalgunha delas desvirtuárase o topónimo real do "Valle de Cuadro" polo de Val das Fervenzas que nunca existíu e é froito de visitantes posteriores que quixeron rebautizar de xeito irregular unha zona leonesa que conta ca sua denominacion autoctona ben reflexada por certo na cartografía oficial.




Deixamosvos ilustraciós fotográficas daquelas memorabeis escaladas no xeo ,poderase observar o primitivo material  tecnico do momento.