O estudo xeográfico e a exploración do medio físico e humano através de actividades culturais, de exploración e aventura.
Mostrando entradas con la etiqueta esquí de fondo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta esquí de fondo. Mostrar todas las entradas
28 de marzo de 2017
8 de marzo de 2016
Nórdico nas Travancas
Febreiro de 2016, e xa van uns anos no que este lameiro estratéxicamente situado e gracias a perspicacia e savoir faire dalgúns, convertémelo co permiso do propietario ( ausente ) na nosa estación de nórdico.
Se nos dín que hai neve en Manzaneda, as Travacas gozarán dunha innivación óptima así que en 45 minutos xa estaremos cas tabliñas postas.
2014, 2015
Se nos dín que hai neve en Manzaneda, as Travacas gozarán dunha innivación óptima así que en 45 minutos xa estaremos cas tabliñas postas.
2014, 2015
2016
Etiquetas:
esquí de fondo,
esquí nórdico,
Ribeira Sacra
7 de abril de 2015
Nórdico nos Pirineos 2015
Disfrutando do fondo nas montañas de Pirineos. A escola de nórdico das Trabancas deunos o impulso xusto pra seguilo ben lonxe. Mágoa de non estar todo o equipo...
Estas imaxes corresponden ao circuito de esquí de fondo de Somport en Francia.
Boa zona montañeira...e cerca da marchosa Jaca...
Estas imaxes corresponden ao circuito de esquí de fondo de Somport en Francia.
Boa zona montañeira...e cerca da marchosa Jaca...
Etiquetas:
esquí de fondo,
esquí nórdico,
Pirineos
21 de enero de 2015
Pradeira "As Trabancas", mais aló de Montederramo
Exploracións de Aurelio e Antón que atopan o prado mais axeitado pra realizar un pequeno circuito de nórdico. Lomas asequibles que adozan baixadas controladas. De cotío rematan ben pero o esforzo na cuña cos nórdicos e ben dificil.
Etiquetas:
esquí de fondo,
esquí nórdico,
fotografía,
invernal,
Manzaneda
27 de febrero de 2014
Xornada de esquí de fondo na montaña ourensá
Onte pola tarde saimos en "comando rápido" en busca das neves máis recentes. Non fixo falta chegar a Manzaneda para por en práctica un deporte de inverno que nos agrada moito divulgar e que conta con grandes posibilidades nas nosas montañas: o esquí nórdico ou esquí de fondo.
Esta modalidade practícase en Ourense dende os primeiros tempos da chegada do deporte branco á nosa terra. Na serra de San Mamede, en Cabeza de Manzaneda e nas grandes montañas de Trevinca foi practicado con certa intensidade. Os campeonatos da Federacion Galega de Deportes de Inverno contaban ata ben entrados os anos 80 con probas de competición desta especialidade, e nos campeonatos de España de esquí de fondo era asídua a participación de deportistas ourensáns: senlleiramente veciños de Casaio de Valdeorras, cómo socios do club Pena Trevinca do Barco ou corredores do Club Alpino de Ourense.
Nalgunhas imaxes que de seguido podedes ver agóchase un antigo campión galego de esquí de fondo do derradeiro campionato celebrado en Fonte da Cova (montañas de Trevinca) naqueles anos. Nótase ben o seu depurado estilo: ¡O que tivo retivo!
Dende a Sociedade Xeográfica Ourensá queremos seguir promocionando esta modalidade do esquí que pon en armonía a práctica deportiva co medio natural onde se desenvolve e que representa sobranceiramente os valores que reforzan o respeto e a defensa dos nosos grandes espacios.
Etiquetas:
esquí de fondo,
esquí nórdico,
Serra de Queixa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












