Mostrando entradas con la etiqueta escalada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escalada. Mostrar todas las entradas

5 de enero de 2016

PÉ DE CABRIL. Saída montañeira ao Gerés

Escalada e ascensión dun cume soberbio no Parque Nacional Peneda-Gerés. Rodeado da Mata de Albergaría ( obrigado Tude De Sousa ) arrancamos dende a Casa de Junceda, edificio forestal ben conservado, e seguimos o sendeiro atravesando os típicos prados pastoriles que invitan a un atasco contemplativo.
Escalamos a fisura sul do Cabril e entre trepes e gateadas facemos cume.
Espectacular saida do Clube guiados polos xeográficos. Aí quedan as fotos
mapa da zona


 
Casa de Junceda
Aproximación

Prado
Picando
 
Por onde seguimos ?
O Pé de Cabril á esquerda
preparando a escalada
fisura Sul. metidos na faena
paso complicado. estilo empotre-chimenea
arrancando os peldaños de acceso ao cume
Cume do Pé de Cabril. 1150 m
Rappel 

regreso a Junceda

14 de septiembre de 2015

A Ferrata. Preparando a zona de escalada

Estamos metidos a fondo na limpeza e preparación do sector da Ferrata. Temos que animar ao resto dos "xeográficos" a traballar no lugar.
Na páxina do Clube Alpino aparece a reseña deste sector A Ferrata
 
Algunhas fotos destes días

2 de septiembre de 2015

Escalada no Tonel ( Geres )


Como nos dí montanhasdeportugal   "Não existe nenhum caminho nem nenhum trilho para chegar mesmo até ao cume do Tonel, no entanto o percurso pedestre da Calcedónia passa bastante perto embora bastante mais abaixo." 

 e tamén


o "Tonel atinge 919 metros de altitude a Calcedónia fica pelos 909, no entanto a Calcedónia é considerada um cume secundário do Tonel porque não possuí uma proeminência suficiente para ser considerada uma montanha independente." 

Achegámonos a base do Tonel buscando o mellor "trilho" que nos permita unha gabeada interesante a este cume.

         O Tonel
 Ollada hacia o Pé do Cabril

Escaladas



25 de marzo de 2015

Meda da Rocalva 1363m

Circular desde Leonte, pasando por Messe e chegando á Rocalva. Regreso polo Borrageiro.






17 de enero de 2015

Regreso ás Aguilladas

  As Aguilladas as grandes paredes da montaña ourensana. Dende Budiño a  Peneda, que repasamos ben durante anos atopamos a 45 minutos do refuxio do CAM e en plena Serra, na Alta Montaña. A Benemérita ten unha vía, hoxe xa reinstalada con potentes seguros e reunións. foran os primeiros en chegar. O relato das nosas aperturas en transourensan . Despois Finuco instalou as Aguilladiñas. Nada ten que ver a escalada nos paredóns que a deportiva no muro de mais abaixo.

  Tomamos contacto cas Aguilladas. Recoñecemos as vías abertas por nós e consideramos a instalación de novos seguros. Esta zona de escalada en montaña ainda agarda a apertura de novos itinerarios.


                                                       As Aguilladas

                                                 Refuxio


                                                    


                                                    No alto das Aguilladiñas



                                            Lagoa Pequena e aprox. a Prada



                                            zona de escalada na estación


26 de noviembre de 2014

Arista NO do Taillón 3144

Escalada efectuada a finais do verán con bó tempo e ganas que é o que falta moitas veces...en fin. Información facilitada pola Xeográfica.
A escalada da arista comenza aos 2589 mts ca travesía do glaciar do Taillón. Superadas as grietas e a morrena final cabalgamos a arista a 3000 mts. A neboa de primeiras horas non axudou non, pero a precisa información facilitada por Anton e Gabriel, a memoria fotografica de Ana e a boa orientación do que relata e suscribe permitiron unha escalada magnífica con chegada o cume e regreso pola famosa brecha.




 kiko

30 de agosto de 2012

Pireneos 2012. Vallée de Gavarnie

 Seguindo a estela dos pioneiros

No Circo de Gavarnie. Ainda que se trata do lugar mais animado da rexión faise necesario coñecelo. O circuito pasando cerca do refuxio de Espuguetes foi un acerto.


A ascensión do Tres mil mais "Eiger" de todos ( 3144m ), ese cunha cara norde que escurece cada vez que miramos pra ela, que no inverno semella a "Piràmide de Carstensz" e no verán a de "Guiza", escalámola pola súa "brecha", e polo seu "espiñazo" mais doado.  

Taillón 3144 m


Subindo a Cauterets dámonos conta, todos, de canto nos queda por gañar e  ter uns bosques como istes. No país desvencellado que deixamos atrás, todo involuciona...veña, seguimos.
Por riba do lexendario refuxio de Wallon ( 1865 m ) quedan lagoas de montaña, onde estes galos, que ainda coidan o seu, botan troitiñas, e así os pescadores tamén poden amar a montaña. O percorrido pola ruta dos Lagos sube ata os 2420, o Lac du Pourtet. 6 horas de marcha.



Estamos listos pra afrontarnos a isa montaña, a que subiremos o derradeiro día. Este sí que é o Mte Perdido !. Digamos  que imos á Vallée d´Ossau, por que está na familia do Macizo mais renombrado entre os pireneistas, Vignemale, pero solitaria como ningunha. E moi fermosa. E por iso, o esforzo tan intenso, o sufrimento tan desesperante, na subida e na baixada, como un mundo de jrande, compensa. ¿ non sí ?

Gran Pic de Tapou, 3150

 

 
E como todo ben rematou , apesares da chuvia e os lóstregos, Jean Paul e o seu polo, dificil de engulir , o famosísimo "croque mesieur" da tan nomeada cociña francesa, e chegar a tempo pra se sentar nun Restó, ainda así, sabíamos moi ben que de retorno a ourense nos esperaban uns ovos con pataquiñas...e unha caña
 


25 de febrero de 2010

Rappel en Pena Corneira


Un perigoso pracer ,disfrutadeo