Mostrando entradas con la etiqueta Pirineos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pirineos. Mostrar todas las entradas

31 de agosto de 2015

Pirineos 2015 - Val d´Echo

Un pequeno percorrido polas rutas feitas hai nada
Ibón de Acherito, 1870 m, e Pico Laraille ou d´a Ralla, 2142 m, non confundir co Pico Cristian, algo moi común...
Aquí baixando as Las Foyas dende o Col de Laraille. Día brumoso
Así veríase un día mais soleado
Baixando desde o Puerto del Palo, paso de fuxidos, hacia Guarrinza, con perdón, onde nos esperan os autos

Ascensión ao Castillo de Acher, 2384 m dende A Selva de Oza. Arriba, as inconmesurables murallas do Acher
O valle colgado de Acher co Pic d´Anie e A mesa de los tres Reyes ao fondo
A baixada do Castillo
Outra marcha mais. Aguas Tuertas e o Ibon de Estanés, 1700 m

O circuito turístico por Jaca, Canfranc, Olorón, La Piedra de San Martín, Roncal e a beleza de Ansó que nos recibiu cos brazos abertos

Collado de Foratón, 2016, ao pé do Bisaurín, 2667 m, máxima altura destas terras, dende Refuxio de Gabardito, 1374.
e a sempre presente Senda de Camille
Pra despedir a semana visita obligada a Riglos
A falta de fotos de buitres coloco un Milano que tamén é carroñero



7 de abril de 2015

Nórdico nos Pirineos 2015

Disfrutando do fondo nas montañas de Pirineos. A escola de nórdico das Trabancas deunos o impulso xusto pra seguilo ben lonxe. Mágoa de non estar todo o equipo...
Estas imaxes corresponden ao circuito de esquí de fondo de Somport en Francia.
Boa zona montañeira...e cerca da marchosa Jaca...



26 de noviembre de 2014

Arista NO do Taillón 3144

Escalada efectuada a finais do verán con bó tempo e ganas que é o que falta moitas veces...en fin. Información facilitada pola Xeográfica.
A escalada da arista comenza aos 2589 mts ca travesía do glaciar do Taillón. Superadas as grietas e a morrena final cabalgamos a arista a 3000 mts. A neboa de primeiras horas non axudou non, pero a precisa información facilitada por Anton e Gabriel, a memoria fotografica de Ana e a boa orientación do que relata e suscribe permitiron unha escalada magnífica con chegada o cume e regreso pola famosa brecha.




 kiko

25 de septiembre de 2013

Pico de Añisclo ou Soum de Ramond (3254) e a Punta das Olas (3002) polo glaciar de Ramond

Este verán na semana que estivemos polos Pirineos fixemos estes dous tres miles que se poden encadenar sen dificultade nunha mesma xornada.
Saimos dende o refuxio de Góriz, que coa afluencia de público parecía case un albergue do Camiño de Santiago.
 
Seguindo a normal do Perdido e cando xa se alcanza o espolón de roca nos desvíamos á dereita por unha canal para continuar esta vez pola que é a ruta hacia o Pico Escaleras. Superada a canal e comenzando a subir as primeiras gradas as vistas son impresionantes pois temos o Cañón de Ordesa ás nosas espaldas.

 

Pero en vez de seguir subindo,  flanqueamos á dereita ata chegar ao circo do Ramond ben cheíño de neve este mes de agosto tanto que o ibón de Arrablo está desaparecido. 



A medida que avanzamos polo glaciar imos vendo millor o corredor NW, que é por onde imo subir. Está limpo de neve, pero é unha acumulación de roca totalmente descomposta pola que progresamos con moito, moito tino.

Corredor NW

Unha vez superado este, o patio que nos espera é impresionante;  dende ahí  ata a cume seguimos o cresterío, soedade absoluta e pedra totalmente desfeita.

Non paramos moito na cume pois non tiñamos nada clara a baixada. Esta fíxémola ao final da arista da cima en dirección este. Non moi fácil. Despois vimos que a normal baixa por outro lado (cousas que pasan).


Ollando Pineta á esquerda





Logo ata a Punta das Olas xa foi un paseo, paseo lunar...






Descansamos un chisco nesta cume e dende ahí xa baixamos ao GR 11 en dirección ao Collado Superior de Góriz ou de Arrablo, para voltar esta vez pola serra da Custodia para coller o autobús de Nerín. 















30 de agosto de 2012

Pireneos 2012. Vallée de Gavarnie

 Seguindo a estela dos pioneiros

No Circo de Gavarnie. Ainda que se trata do lugar mais animado da rexión faise necesario coñecelo. O circuito pasando cerca do refuxio de Espuguetes foi un acerto.


A ascensión do Tres mil mais "Eiger" de todos ( 3144m ), ese cunha cara norde que escurece cada vez que miramos pra ela, que no inverno semella a "Piràmide de Carstensz" e no verán a de "Guiza", escalámola pola súa "brecha", e polo seu "espiñazo" mais doado.  

Taillón 3144 m


Subindo a Cauterets dámonos conta, todos, de canto nos queda por gañar e  ter uns bosques como istes. No país desvencellado que deixamos atrás, todo involuciona...veña, seguimos.
Por riba do lexendario refuxio de Wallon ( 1865 m ) quedan lagoas de montaña, onde estes galos, que ainda coidan o seu, botan troitiñas, e así os pescadores tamén poden amar a montaña. O percorrido pola ruta dos Lagos sube ata os 2420, o Lac du Pourtet. 6 horas de marcha.



Estamos listos pra afrontarnos a isa montaña, a que subiremos o derradeiro día. Este sí que é o Mte Perdido !. Digamos  que imos á Vallée d´Ossau, por que está na familia do Macizo mais renombrado entre os pireneistas, Vignemale, pero solitaria como ningunha. E moi fermosa. E por iso, o esforzo tan intenso, o sufrimento tan desesperante, na subida e na baixada, como un mundo de jrande, compensa. ¿ non sí ?

Gran Pic de Tapou, 3150

 

 
E como todo ben rematou , apesares da chuvia e os lóstregos, Jean Paul e o seu polo, dificil de engulir , o famosísimo "croque mesieur" da tan nomeada cociña francesa, e chegar a tempo pra se sentar nun Restó, ainda así, sabíamos moi ben que de retorno a ourense nos esperaban uns ovos con pataquiñas...e unha caña
 


30 de octubre de 2010

Polo "corredor de la Moscova" e o Gran Vignemale

Xa que se acerca  a temporada das neves e como atopei vellas diapos, teño a osadía de publicar un par delas, xustamente unha saída clave no noso devenir como alpinos e sobre todo por ser a ruta pola que Lady Lister (e máis que ninguén os seus guías)  fixo a primeira ascensión ó Pique Longue do Viñemale
 Primeiras terrazas hacia o circo de Labaza

O Pico Cerbillona, 3247, e o collado de Lady Lister, 3200, dende o Pico Central, 3235

10 de septiembre de 2010

Pico de Arriel /2824 m)

Ascención do Arriel dende La Sarra...  1400 m de desnivel.
A zona do Palas e do Balaitús, onde moitos de nós superamos as primeiras gabeadas a un tres mil...
O Arriel conta cunha escalada final que non supera o terceiro grado, con moito patio, ollo, e sen asegurança posible. Ahí ó lado esta o Palas que chama por nós...

18 de agosto de 2010

Peña Telera 2762 m

Peña Telera dende Sta Elena son 1650 m de desnivel. 12 horas de suaves desniveis.












Telera dende Plan de Zarrambuecho








Percorrido

4 de abril de 2010

Vignemale, a montaña alpina nos Pirineos: tres portas, tres vales






























So queremos reflexar as grandes dimensións montañeiras do macizo do Vignemale ou Comachivosa, ilustrando con imaxes as suas tres principais portas de acceso en condicións de verán, os vales de Ossué, de Ara e de Gaube. Hai para todos, escaladores, alpinistas, senderistas, excursionistas da montaña en xeral, ninguén quedara insatisfeito das dimensións montañeiras desta ciclópea montaña. É un dos nosos obxectivos permanentes

26 de marzo de 2010

Pirenaica despedida invernal



Dende a lembranza dunha invernal Pirenaica excepcional despedimonos dun inverno extrano.Abrese a primavera prometendonos as mais intensas actividades na montaña.
Afiade os pinchos e os piolos,tende preto as cordas ,esperannos uns abrentes cheos de friaxe.

¡¡Vemonos!!