Mostrando entradas con la etiqueta Trevinca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Trevinca. Mostrar todas las entradas

7 de mayo de 2016

Pena Trevinca

Abril 2016. Ascensión clásica desde Pena Surbia ou Trevinca Norde 2116 m, cresterío do Pena Negra 2121 m e Pena Trevinca 2127 m
Trak de Wikilok












13 de marzo de 2014

Pena Trevinca pola Serra da Mina

A ruta sae dende a aldea de Vilanova, despois de pasar entre o conxunto de casas de turismo rural de O Trisquel. Recomendable pra vir durmir, cear e así poder sair cedo rumbo ás nosas cumes; se non, non hai xeito.
Ao pouco atoparemos o desvío da pista que nos leva ata o Maluro (1925 m.) deixando o camiño do río Meladas e as minas á dereita; logo do Vildefrades (1934 m.) á cresta do Sextil Alto (2005 m.) e finalmente Trevinca (2127 m.).
Nestas datas de moita neve, esta é unha ascensión perfecta con raquetas ou esquís, salvo o tramo de cresta que precisa atención e que nos obriga levar os crampóns por si acaso.
O regreso pódese facer baixando despois en dirección o Val do Meladas para coller o sendeiro-pista ben trazado que xa nos leva de volta a Vilanova


O Maluro ao fondo

Pena Negra e Pena Trevinca ao lonxe

As cornisas de Vildefrades

O circo do Meladas

Casaio ao fondo, e ao loxe de todo a serra dos Ancares toda nevada

Val do rió Meladas

Chegando ao solpor a Vilanova




Cartografía: I.G.N. (1:25.000) Nº. 228-II Lamalonga, 229-I Lago de la Baña, 229-III Peña Trevinca

track

30 de abril de 2013

Trevinca 6 de abril: as últimas neves


 Aproveitando que a meteo prometía un bo día...e tras fines de seman pasados por auga, e outros aprazados por razóns diversas, quedamos dunha vez por todas de sair á neve.

Así que nos fomos a Trevinca un 6 de abril nunha mañá bastante fea e fría. Chegamos a Fonte da Cova e alí se quedou o coche porque había xeo na pista que vai ata a Escrita. Tiñamos claro pois que só subiríamos  ó Trevinca Norte ou Peña Surbia. Co frio a neve estaba estupenda e non nos fixeron falta as raquetas. Pasiño tras pasiño, compartindo confidencias pero tamen silencios.O día foi despexando pouco a pouco para regalarnos xa na cume unha paisaxe solitaria e fermosísima: unha paisaxe de grandes espazos








4 de abril de 2011

Montrabea:o regato dos glaciares colgados




Recente descuberta da xeografica aproximandonos aos Fueyos Leoneses  resto da glaciacion residual das Trevincas e a Sierra de la Cabrera.Interesante apoio do novo refuxio forestal que facilita a aproximacion

20 de febrero de 2011

Macizo de Trevinca, invernal na lagoa e circo do Malicioso





O circo e a lagoa de Malicioso atópanse agachados nas montañas da "Cabrera Baja", á beira dos Picos do Vizcodillo (2127m.). Botan as suas augas cara a provincia de Leon, coma un  sorpresivo andar dende o que teñamos que saltar sobor da paisaxe.
Non é doado atopalos, máis dificil ainda dende a estrada que saíndo do pobo de Truchas camiña cara o alto do Portón.

Tomaremos coma referencia un chamativo espolón rochoso que mírase con craridade a esquerda da cara norte do Pico Vizcodillo, na sua base, agachado coma xogando as agachadiñas atoparemos iste tesouro do Macizo das Trevincas. Moitas son as posibilidades que nos agasalla coma terreo de xogo para actividades de montañismo invernal, sendo ademais un terreo de descuberta de primeiro orden.

13 de febrero de 2011

Pena Trevinca e as escaladas nas fervenzas de xeo .1988. Picon, Ano cero

Corría o ano 1988 cando  arrepiadamente pero cas ideias ben craras,  Quico Valencia e Anton Gavela atopaban no macizo de Pena Trevinca , na beira leonesa do cume Picon, cara a Baña, no coñecido como" Valle de Cuadro" un feixe de fervenzas de considerabel tamaño e variada formacion.Logo de exploracions intensas e de sesudos estudos cartográficos por fín deron con elas ,tiñan craro que estaban alí e así foi.
 Finalmente no inverno do 1988, antes de marchar na primeira expedición ourensana cara as Montañas do Atlas Africano poderon ensallar as posibilidades do xeo das fervenzas do regato de Cuadro, e iso que non foran as montañas de Trevinca moi visitadas pola neve nesta tempada polo que as fervenzas atopábanse formadas polo que as paisanos chaman" augas quentes" é dicer froito do frio extremo das xiadas e case que sin neveiras,  bautizando a mais longa delas que se atopa separada certamente do grupo principal das mesmas coma a fervenza "Ferminha ao Picon" na honra do Fermin garda do refuxio de Fonte da Cova que tantas axudas botou aos montañeiros galegos.
Pasaron xa  vintetres intensos anos e as fervenzas figuran  nas guias mais completas da escalada en xeo na peninsula,mágoa que nalgunha delas desvirtuárase o topónimo real do "Valle de Cuadro" polo de Val das Fervenzas que nunca existíu e é froito de visitantes posteriores que quixeron rebautizar de xeito irregular unha zona leonesa que conta ca sua denominacion autoctona ben reflexada por certo na cartografía oficial.




Deixamosvos ilustraciós fotográficas daquelas memorabeis escaladas no xeo ,poderase observar o primitivo material  tecnico do momento.

19 de marzo de 2010

Peña Trevinca / Pena Trevinca

A subida A Pena Trevinca de 2124 m. dende as lagoas de La Baña manten o tipo de ascensión clásica "fora de circuito". Comporta aillamento nunha serra comprimida por escorias físicas e arquitectónicas humanas. ahí queda eso. No inverno dende o circo do Tera podemos ascender polo corredor e collado que temos entre o Trevinca e o Peñas negras, ou facer a crestería que une Trevinca norde-Penas Negras-Trevinca Sur de dificultade elevada.

26 de febrero de 2010

Trevinca : Xeo e verglas no Canalón de Cardo



Abondando nese magnifico corredor do "canalon de cardo" aportamos documento grafico da sua primeira ascension coñecida feita xa hai mais de cinco anos,facemos fincape no interese desta zona do macizo de Trevinca pra escalada en xeo e a practica do alpinismo en xeral.

25 de febrero de 2010

Trevinca: O Canalón de Cardo


Situado na caida leonesa da montaña no lugar coñecido coma Fueyo Pequeño representa un corredor duns 300m de libro, con pala de comenzo,estreitamento intermedio e con dous finais a elexir,un embudo clasico de neve con pequena visera ocasional ou un empinado e duro final en verglas que precisa ter ben afiados os nosos crampos e piolos mais tecnicos.Reseña de Ruper,Quico e Anton

20 de febrero de 2009

Trevinca Norte




En la cresta norte del Trevinca Norte

16 de enero de 2009

Xeo na Serra da Cabreira





Como no Circo do Regato de Cuadro, en Trevinca, volvemos a descubrir para o mundo a escalada en xeo.

1 de marzo de 2008

O "Eiger" do noroeste



Febreiro 2008. Este é un mal ano para o xeo meus amigos, pero... hai lugares que esconden un tesouro