6 de marzo de 2012

Erythronium dens-canis

Erythronium dens-canis ( dente de can, dente sangriento ou mantecón)

   Pranta bulbosa, de bulbo oblongo, glabro, branco, ca apariencia dun diente de can, de aí seu nome.Atopámola por todo o sur e centro de Europa. Na península aparece por todo o norte en lugares frescos como pastizais e sotobosque, sobre cháns ácidos por enriba dos 1000 metros. É unha pranta de Alta Montaña, cunha fermosa  flor violácea que vemos nas nosas montañas mais frecuentadas. En Queixa e no Xurés-Geres estan agora mesmo en plena floración. Pode que sexan, xunto cos pequenos Narcisos de cor amarela, as primeiras flores en sair, e que nos informan de que o inverno esta a marchar.  Temos pois un bó momento para disfrutar do primeiro intento da primaveira por sair adiante.

 Aquí deixo algunha foto do que podemos atopar no camiño a Fonte Fría ou á Rovalva a partires dos 1000 metros, terreno alpino.