O circo e a lagoa de Malicioso atópanse agachados nas montañas da "Cabrera Baja", á beira dos Picos do Vizcodillo (2127m.). Botan as suas augas cara a provincia de Leon, coma un sorpresivo andar dende o que teñamos que saltar sobor da paisaxe.
Non é doado atopalos, máis dificil ainda dende a estrada que saíndo do pobo de Truchas camiña cara o alto do Portón.
Tomaremos coma referencia un chamativo espolón rochoso que mírase con craridade a esquerda da cara norte do Pico Vizcodillo, na sua base, agachado coma xogando as agachadiñas atoparemos iste tesouro do Macizo das Trevincas. Moitas son as posibilidades que nos agasalla coma terreo de xogo para actividades de montañismo invernal, sendo ademais un terreo de descuberta de primeiro orden.