31 de marzo de 2010

De Pitoes de Junias a Salgueiro

Esta zona goza dunha especial predilección pola nosa parte, sen desmerecer o resto do Xurés-Gêres.
O camiño ben pode iniciarse en Albite, onde a Federacion de montaña posee un refuxio,ou ben dende Pitoes.
Precisamos dous coches por non ser unha ruta circular, e dun permiso a solicitar na casa do parque sito en Lobios, onde de paso podemos comer algo no Bar Lusitano, aínda que a Casa Dom Pedro situada no alto de Junias, goza de grande popularidade entre os nosos camiñantes.

Si facemos a saída dende Pitoes o camiño sae do mesmo collado de Pitoes onde están localizados os restos dunha mámoa.
Primeiro unha lixeira ascensión e logo descende através da fraga ata o río para enfilar unha empinada subida dende onde case se divisa xa a vila de Salgueiro.

29 de marzo de 2010

A guerrilla antifranquista no Macizo Central de Ourense


No Macizo central ourensán, entre San Mamede e Queixa, achégamonos á "Edreira".
Pasando polo complexo gandeiro semiderrubado da
"Ferreiría", onde falamos cun dos propietarios. Dende alí teremos unha hora e media a paso largo. Neste marzal húmido, o río vai de auga coma nunca. Os cumes continúan con neve, e as pradeiras da Edreira convidan ó solaz. Fermoso percorrido de natureza e historia. Sin lugar a dúbidas aínda resoan os disparos da garda civil, que pola aplicación da " ley de fugas " deron morte ós "fuxidos" e ós donos do caserío, e destruíron as construccións do lugar. Ainda se ve a ponte e outras casas caídas ..ano 1949, non hai tanto.
Co xusto permiso e referencia a diariodeunmedicodeguardia.blogspot.


26 de marzo de 2010

Pirenaica despedida invernal



Dende a lembranza dunha invernal Pirenaica excepcional despedimonos dun inverno extrano.Abrese a primavera prometendonos as mais intensas actividades na montaña.
Afiade os pinchos e os piolos,tende preto as cordas ,esperannos uns abrentes cheos de friaxe.

¡¡Vemonos!!

24 de marzo de 2010

Alfonso I do Amazonas, rei dos xíbaros


Gran historia dun ourensa no Amazonas,un galego rei dos xibaros a primeiros do seculo XX.
Xeografica sigue aos aventureiros da nosa terra nos grandes espacios do noso planeta.

Nado en Amiudal (Avion) en 1878, ALFONSO GRAÑA emigrou a BRASIL CA FEBRE DO CAUCHO a primeiros de seculo XX ,penetra na selva amazonica buscando novos matos de siringueira (caucho) cun compañeiro ourensan sendo cazados polos indios xibaros que dan morte o seu amigo e respetanlle a vida a Alfonso por terse agarimada dil a filla do APU(XEFE) da tribu.De seguido, ca morte do Apu convirtese no novo xefe e é respetado por todalas tribus que moran as beiras dos rios Nieva,alto Pastana e Santiago na Amazonia ,falandose dun dominio territorial semellante a mitade da peninsula iberica.
Alfonso Graña morre na selva no 1934 dun cancro gastrico ,non atopandose a sua tumba e sendo venerado polas suas tribus e recoñocido polos gobernos de Peru e Brasil asi coma o Goberno da Republica española co que chegou a facer tratos pra levar adiante exploracios no Amazonas en busca de materias primas de alto valor .Estas expedicios truncaronse ca inesperada morte da Alfonso.
¡¡CONTINUARA!!

19 de marzo de 2010

Peña Ubiña Pequena corredor suroeste




Esta excelente ascension polo corredor suroeste de Peña Ubiña Pequena atópase entre as máis exquisitas do macizo de Ubiña. Non é das que teñen maior dificultade pero si é unha experiencia de alta montaña que require o dominio das técnicas de montañismo invernal.
Recomendada para consolidar en alta montaña ós que xa iniciaron o camiño do alpismo

Peña Trevinca / Pena Trevinca

A subida A Pena Trevinca de 2124 m. dende as lagoas de La Baña manten o tipo de ascensión clásica "fora de circuito". Comporta aillamento nunha serra comprimida por escorias físicas e arquitectónicas humanas. ahí queda eso. No inverno dende o circo do Tera podemos ascender polo corredor e collado que temos entre o Trevinca e o Peñas negras, ou facer a crestería que une Trevinca norde-Penas Negras-Trevinca Sur de dificultade elevada.

14 de marzo de 2010

Transourensan e o Cañon do Mao





Iste fermoso Cañon do Mao é pra nos motivo de moitas lembranzas aventureiras pasadas por auga ,xa que nil escomenzamos a andar na practica do descenso de cañons ou barranquismo en Galicia PALÁ DE VINTE ANOS.
Hoxe non nos chama isa fermosa actividade ,senon un recente camiño arranxado polo concello de Parada do Sil e que transcorre polo cauce do antigo canal da vella fabrica de luz do rio Mao.Sae das beiras de Forcas e vai polo canal vello ata San Lorenzo pasando por unhas moi interesantes tumbas antrpomorficas para ali chocar de novo co Transourensan poidendo facer asi un bello percorrido circular de aprox. tres horas co Canon do Mao aos nosos pés

13 de marzo de 2010

Travesía circular polos Picos do Inferno






Esta travesia é de gran dureza ,pode levarnos unhas 11 horas moitas delas en soedade xa que algunhas das zoas de paso son moi pouco visitadas.Recomendamos facela a primeiros da tempada para disfroitar dun gran ambente montañeiro aplicandonos no uso do piolet e os crampos.
Sairemos do dique do encoro pequeno de Bachimaña,subindo a traves ata chegar ao Ibon de Arnales, seguindo en forte subida ata o collado de Pondiellos a mais de 2800m.¡¡UFF!!
Baixaremos aos ibones do mesmo nome para despois de atopar restos do glaciar do inferno entrar na famosa e perigosa Marmolera ,logo de atravesala con dificultade notabel achegaremonos ao ibon de Tebarray chegando ao collado do Inferno.Baixaremos logo aos ibones Azuis para rematar de novo no Ibon de Bachimaña dando por rematada ista grandiosa travesia.
Mais de trinta anos pasaron xa da primeira vez que fixemos iste percorrido e sigue sendo unha das mais lembradas travesias da nosa dilatada vida montañeira
TOTALMENTE RECOMENDADA PARA ESPRITOS MONTAÑEIROS

12 de marzo de 2010

Invernal pirenaica con raquetas en Ordesa-Ara-Ordiso






Non é unha ascension ,de feito é un pateo,pero que pateo,tremenda nevada,tremenda ventisca,tremenda acampada-vivac no Ordiso... ¿quen coñece AS GRADAS DE SOASO?.
A VENTISCA BOTOUNOS do circo do Soaso e os aludes botaronnos das beiras do Ara na porta do val de Ordiso PERO QUEDOU UNHA VICENCIA TAN POTENTE COMA CALQUERA CUME
Habera que voltar

10 de marzo de 2010

A fotografía na montaña


Mira a famosa lei, isa que che dí que sempre, sempre ten que haber algunha cousa que che embadurne a ocasión. Por iso hai que estar a todas horas preparado, por si acaso...






na Pena de Anamán

9 de marzo de 2010

San Pedro de Rocas. Circular



Co tempo soleado, a montaña semella como mais amable. Será que tanto tempo gris acongoxa...
Seguro que a costa estaría despexada.









4 de marzo de 2010

Trilho circular da Peneda: Parque nacional da Peneda-Geres



Trilho circular que saindo pola traseira do santuario da virxen da Peneda por camiño empedrado sube ata beirear a fraga da Meadinha que conta con longas vias de escalada en magnifica rocha granitica abertas maiormente por escaladores galegos e mais recentemente por portugueses.Logo de beirear as paredes rochosas chegamos a unha preciosa lagoa con penedo garacteristico no meio das suas augas, pasaremosla pola dereita para ir a voltear seguindo o trilho a mole de Penameda(1268m) ,chegando a unha golada onde colleremos a dereita en direccion norde visionando a estrada que ven de Lamas de Mouro polo val do rio Pomba.Tenderemos a voltear cara o leste continuando de seguido polas costas de Penameda ata baixar precipitadamente a estrada do santuario da peneda que continuaremos a dereita ata chegar de novo ao mesmo pola sua traseira logo de tres horas de gostosa andaina.O trilho non se atopa marcado totalmenmte,mais podemos axudarnos das mariolas (hitos) que proliferan abondosamente

2 de marzo de 2010

Vivacs


Con esta instantanea parece que aínda estamos no saco, con esa friaxe matinal...quén fai o almorzo ?
¡Qué noites se pasan nos cumes e nas crestas, nos collados ou nos circos !
Xa estamos tardando


Terrazas de Bellavista, Monte Perdido