Abril 2016. Ascensión clásica desde Pena Surbia ou Trevinca Norde 2116 m, cresterío do Pena Negra 2121 m e Pena Trevinca 2127 m
Trak de Wikilok
O estudo xeográfico e a exploración do medio físico e humano através de actividades culturais, de exploración e aventura.
Mostrando entradas con la etiqueta Pena Trevinca. Mostrar todas las entradas

7 de mayo de 2016
16 de noviembre de 2014
Lagoas de Trevinca
24 de abril de 2013
Pena Trevinca: ascensións de fin de tempada

Ainda nos queda Trevinca con neve, neve de neveiros un pouco escangallados polos aires quentes das semas pasadas, polas choivas intensas do sul, máis as previsións falan da chegada de novas friaxes árticas que van traer neve de novo nos outeiros das nosas montañas do leste.
Que así sexa pra ben de todos e ledicia duns poucos que remataremos a tempada nos grandes outeiros de Galicia como compre...

27 de marzo de 2013
Pena Trevinca: meca do esquí de montaña en Galicia
O noso gran macizo de alta montaña tódolos invernos agasállanos cun intenso terreo ablancuchado polas fortes folerpadas, que venteadas con xeito, chegan a formar grandes cornisas pra encher o noso millor gosto montañeiro.
Aproveitando un oco de bo tempo nesta constante e permanente borrasca, botámonos a facer unha soleada travesía de esqui de montaña accedendo dende a Fonte da Cova cabalgando os nosas táboas dende a beira mesma do hotel rural que permanece pechado dende a tempada pasada, peche que xa aventuramos algúns que víramos nacer e morrer a anterior experiencia da estacion de esqui e hotel de "montañas de trevinca s.a." nos anos 70. ¡¡¡Unha mágoa!!
Despois dunha proveitosa práctica de seguros de fortuna na montaña invernal e prácticas de caidas en neveiros e furada de cornisas, rematamos coa posta do sol unha travesia na que a volta a Fonte da Cova faise interminabel coma xa sabiamos por moitas experiencias anteriores.
Laiamonos do destrozo inmenso das pizarreiras nestas grandes montañas, se ben a neve fai que minimicese a petada nos nosos ollos uniformando con xeito a paisaxe.Bulide axiña a disfroitala alta montaña galega...

Etiquetas:
ascensións,
esquí de montaña,
Pena Trevinca
Suscribirse a:
Entradas (Atom)