30 de abril de 2013

Trevinca 6 de abril: as últimas neves


 Aproveitando que a meteo prometía un bo día...e tras fines de seman pasados por auga, e outros aprazados por razóns diversas, quedamos dunha vez por todas de sair á neve.

Así que nos fomos a Trevinca un 6 de abril nunha mañá bastante fea e fría. Chegamos a Fonte da Cova e alí se quedou o coche porque había xeo na pista que vai ata a Escrita. Tiñamos claro pois que só subiríamos  ó Trevinca Norte ou Peña Surbia. Co frio a neve estaba estupenda e non nos fixeron falta as raquetas. Pasiño tras pasiño, compartindo confidencias pero tamen silencios.O día foi despexando pouco a pouco para regalarnos xa na cume unha paisaxe solitaria e fermosísima: unha paisaxe de grandes espazos








24 de abril de 2013

Pena Trevinca: ascensións de fin de tempada


Ainda nos queda Trevinca con neve, neve de neveiros un pouco escangallados polos aires quentes das semas pasadas, polas choivas intensas do sul, máis as previsións falan da chegada de novas friaxes árticas que van traer neve de novo nos outeiros das nosas montañas do leste.





 Que así sexa pra ben de todos e ledicia duns poucos que remataremos a tempada nos grandes outeiros de Galicia como compre...








27 de marzo de 2013

Pena Trevinca: meca do esquí de montaña en Galicia

O noso gran macizo de alta montaña tódolos invernos agasállanos cun intenso terreo ablancuchado polas fortes folerpadas, que venteadas con xeito, chegan a formar grandes cornisas pra encher o noso millor gosto montañeiro.
Aproveitando un oco de bo tempo nesta constante e permanente borrasca, botámonos a facer unha soleada travesía de esqui de montaña accedendo dende a Fonte da Cova cabalgando os nosas táboas dende a beira mesma do hotel rural que permanece pechado dende a tempada pasada, peche que xa aventuramos algúns que víramos nacer e morrer a anterior experiencia da estacion de esqui e hotel de "montañas de trevinca s.a." nos anos 70. ¡¡¡Unha mágoa!!
Despois dunha proveitosa práctica de seguros de fortuna na montaña invernal e prácticas de caidas en neveiros e furada de cornisas, rematamos coa posta do sol unha travesia na que a volta a Fonte da Cova faise interminabel coma xa sabiamos por moitas experiencias anteriores.
Laiamonos do destrozo inmenso das pizarreiras nestas grandes montañas, se ben a neve fai que minimicese a petada  nos nosos ollos  uniformando con xeito a paisaxe.Bulide axiña a disfroitala alta montaña galega...













19 de marzo de 2013

Neve no Xurés-Gerês


Tamén As montañas do Sur recibiron a súa parte de neve neste inverno tan atípico. Aproveitando a vía nova que remata logo de Celanova, chegar a Portela redúcese en moito tempo. Ollo, non coller a famosa Vía Nova ( itinerario Antonino número XVIII )



Camiño a Carrís
 Cerca de Carrís ( foto de http://carris-geres.blogspot.com.es/ )






 Santa Eufemia



Mirando Os montes sobre As Sombras

13 de febrero de 2013

Vía Ferrata en Picos

Andamos ainda cos peldaños e o cable de aceiro dando voltas e por aí aparece de cando en vez algunha ferrata nova. Non é preciso unha vía longa. Unha coma esta que se pode percorrer nun par de horas ou menos. Aí andamos...







A ferrata conta con dous percorridos de diferente dificultade: un que enlaza as tres paredes principais que levarán aos usuarios ata o mesmo cume e outro de máis dificultade (valorado como difícil) que á metade da terceira parede sepárase cara unha ponte tibetana de certa dificultade cunha complicada saída por un muro extraplomado cara o cume. Para este segundo percorrido faráse imprescindible contar con experiencia e/ou contratar un guía.



31 de enero de 2013

Manzaneda

Como ben dicen os nosos sabios nas súas acomodadas vidas, o do cambio climático é unha bobada. Por iso neva en Manzaneda. O paquetón caeu tarde, mais segundo dín os paisanos, poucas veces viran tanta neve. Pero eles que van saber.
 
                                          Raquetas cerca do Refuxio do CAM
   
                                         
                                          Trevinca ao fondo, Manzaneda diante


                                          Cume de Manzaneda. Forte vento


                                         O Seixo dende o cume de Queixa

17 de noviembre de 2012

Peña Vieja (2619 m.): macizo central de Picos de Europa

A comenzos de tempada a pouca neve recen caída non soe dar moitas alegrías, pero ás veces unha pequena capa xa estabilizada con noites de xeada, pois se deixa. Se a ascensión comeza cedo, podemos ó inicio do inverno, cunha boa boa ruta.

A ascensión do "Peña Vieja" é moi rápida a partires do cable pois supón comezar a ruta a uns 1500 mts. Eso sí, o teleférico non está en funcionamento ata as 10. Demasiado tarde para a maioría.

"Horcados rojos" dende a " Vueltona"


Chegando á " Canalona", collau que da paso á vertente do "Peña Vieja" e dos picos de Sta Ana e con vistas ao Macizo Oriental



O Peña Vieja recen nevado

 Un rebeco

A "Peña Olvidada", 2406, dende o Mirador do Cable

mapa




17 de octubre de 2012

Aiguille du Tour (3.544 m)

A ascensión da Aguille du Tour. A un paso das montañas da Helvecia.
Trátase dunha bonita ascensión, rodeando parte do glaciar du Tour, escalando o "couloir" que da paso á Brecha da Table ( 2529) e seguindo pola arista final ao cume.
Na outra vertente, a suiza, o Valle du Trient, rodeado de cumes por enrriba dos 3500. Todas elas, rutas sen grandes complicacións, pero expectaculares.

 Aguille de Chardonet e Mont Blanc  ao fondo, sobresaen no Glaciar du Tour.





Ruta de ascenso e regreso







Arista final (a foto ten truco)


Primeiras horas cerca do Refuxio Albert I


Glaciar du Trient

30 de agosto de 2012

Pireneos 2012. Vallée de Gavarnie

 Seguindo a estela dos pioneiros

No Circo de Gavarnie. Ainda que se trata do lugar mais animado da rexión faise necesario coñecelo. O circuito pasando cerca do refuxio de Espuguetes foi un acerto.


A ascensión do Tres mil mais "Eiger" de todos ( 3144m ), ese cunha cara norde que escurece cada vez que miramos pra ela, que no inverno semella a "Piràmide de Carstensz" e no verán a de "Guiza", escalámola pola súa "brecha", e polo seu "espiñazo" mais doado.  

Taillón 3144 m


Subindo a Cauterets dámonos conta, todos, de canto nos queda por gañar e  ter uns bosques como istes. No país desvencellado que deixamos atrás, todo involuciona...veña, seguimos.
Por riba do lexendario refuxio de Wallon ( 1865 m ) quedan lagoas de montaña, onde estes galos, que ainda coidan o seu, botan troitiñas, e así os pescadores tamén poden amar a montaña. O percorrido pola ruta dos Lagos sube ata os 2420, o Lac du Pourtet. 6 horas de marcha.



Estamos listos pra afrontarnos a isa montaña, a que subiremos o derradeiro día. Este sí que é o Mte Perdido !. Digamos  que imos á Vallée d´Ossau, por que está na familia do Macizo mais renombrado entre os pireneistas, Vignemale, pero solitaria como ningunha. E moi fermosa. E por iso, o esforzo tan intenso, o sufrimento tan desesperante, na subida e na baixada, como un mundo de jrande, compensa. ¿ non sí ?

Gran Pic de Tapou, 3150

 

 
E como todo ben rematou , apesares da chuvia e os lóstregos, Jean Paul e o seu polo, dificil de engulir , o famosísimo "croque mesieur" da tan nomeada cociña francesa, e chegar a tempo pra se sentar nun Restó, ainda así, sabíamos moi ben que de retorno a ourense nos esperaban uns ovos con pataquiñas...e unha caña