25 de septiembre de 2013

Pico de Añisclo ou Soum de Ramond (3254) e a Punta das Olas (3002) polo glaciar de Ramond

Este verán na semana que estivemos polos Pirineos fixemos estes dous tres miles que se poden encadenar sen dificultade nunha mesma xornada.
Saimos dende o refuxio de Góriz, que coa afluencia de público parecía case un albergue do Camiño de Santiago.
 
Seguindo a normal do Perdido e cando xa se alcanza o espolón de roca nos desvíamos á dereita por unha canal para continuar esta vez pola que é a ruta hacia o Pico Escaleras. Superada a canal e comenzando a subir as primeiras gradas as vistas son impresionantes pois temos o Cañón de Ordesa ás nosas espaldas.

 

Pero en vez de seguir subindo,  flanqueamos á dereita ata chegar ao circo do Ramond ben cheíño de neve este mes de agosto tanto que o ibón de Arrablo está desaparecido. 



A medida que avanzamos polo glaciar imos vendo millor o corredor NW, que é por onde imo subir. Está limpo de neve, pero é unha acumulación de roca totalmente descomposta pola que progresamos con moito, moito tino.

Corredor NW

Unha vez superado este, o patio que nos espera é impresionante;  dende ahí  ata a cume seguimos o cresterío, soedade absoluta e pedra totalmente desfeita.

Non paramos moito na cume pois non tiñamos nada clara a baixada. Esta fíxémola ao final da arista da cima en dirección este. Non moi fácil. Despois vimos que a normal baixa por outro lado (cousas que pasan).


Ollando Pineta á esquerda





Logo ata a Punta das Olas xa foi un paseo, paseo lunar...






Descansamos un chisco nesta cume e dende ahí xa baixamos ao GR 11 en dirección ao Collado Superior de Góriz ou de Arrablo, para voltar esta vez pola serra da Custodia para coller o autobús de Nerín. 















24 de agosto de 2013

Descenso Mao

Xa estamos de novo baixando polo río Mao. Onde nace o barranquismo en Galicia, ala polo 88 cando se explora remontando o cañón e se superan as varias dificultades con artes e aparellos especiales da zona. O seu potencial quedou marcado e deseguido comenzaron os descensos con  metodoloxía mais deportiva, os mesmos tipos pero como socios e directivos do Club Alpino. Estes días festexamos aquelas xornadas. Un descenso anual ata que o corpo aguante, non sería mala cousa.

entrade no album de Picasa da Xeográfica https://picasaweb.google.com/home cas mesmas señas da xeográfica e aí estan as probas.

Aquí queda algunha fotiña















PD
a ver esas fotos do Añisclo !

28 de julio de 2013

Pico Miro (La Laciana)



O pasado 1 de xuño fun invitada por parte de Moncho dos Cempés a unha saída moi prometedora: O Pico Miro na comarca leonesa da Laciana. Encantada de sair con eles, unha por disfrutar da súa compaña e outra por descubrir unha zona que teño que recoñecer, ignorante de min, descoñecía completamente. A saída foi organizada polos compañeiros do Clube Peña Trevinca do Barco e foi todo un éxito: vistas fermosas, tempo espléndido e un ambente moi montañeiro.

Para chegar alí nos diriximos dende Ponferrada pola estrada que vai ata Villablino. Collemos o desvío hacia Anllares del Sil e despois á dereita a estrada privada da mina de Hullas del Coto Cortés. Despois de pasar Valdeprado, máis ou menos 1 km despois chegamos ás brañas de Susañe. 
A ruta inicíamola á nosa esquerda. Ascendemos case directamente, facendo as primeiras fotos na cascada das Aguas Blancas en dirección á braña de Busmor. Seguimos o ascenso hacia o collado para despois subir á esquerda para chegar a cume do Pico Miro de case 2000 m. Dende ali contemplamos o Pozo Cheiroso, solitaria lagoa de orixe glaciar, dende a que tamén se pode subir.  A paisaxe magnífica: os Ancares, os Aquilianos, Trevinca e ata Ubiña.
Despois continuamos o cordal en dirección norte ata o collado de Coronxo para baixar hacia o val onde estan as lagoas de Fasgeo. A baixada e as vistas eran espectaculares cun ambente moi alpino. Quedaban restos de neveiros e as lagoas lucían fermosísimas. A partir de ahí a baixada xa foi máis suave para chegar de volta despois de 6 horas aproximadamente de actividade e máis ou menos 800 m de desnivel.

Un gustazo!!

Pozo Cheiroso




30 de abril de 2013

Trevinca 6 de abril: as últimas neves


 Aproveitando que a meteo prometía un bo día...e tras fines de seman pasados por auga, e outros aprazados por razóns diversas, quedamos dunha vez por todas de sair á neve.

Así que nos fomos a Trevinca un 6 de abril nunha mañá bastante fea e fría. Chegamos a Fonte da Cova e alí se quedou o coche porque había xeo na pista que vai ata a Escrita. Tiñamos claro pois que só subiríamos  ó Trevinca Norte ou Peña Surbia. Co frio a neve estaba estupenda e non nos fixeron falta as raquetas. Pasiño tras pasiño, compartindo confidencias pero tamen silencios.O día foi despexando pouco a pouco para regalarnos xa na cume unha paisaxe solitaria e fermosísima: unha paisaxe de grandes espazos








24 de abril de 2013

Pena Trevinca: ascensións de fin de tempada


Ainda nos queda Trevinca con neve, neve de neveiros un pouco escangallados polos aires quentes das semas pasadas, polas choivas intensas do sul, máis as previsións falan da chegada de novas friaxes árticas que van traer neve de novo nos outeiros das nosas montañas do leste.





 Que así sexa pra ben de todos e ledicia duns poucos que remataremos a tempada nos grandes outeiros de Galicia como compre...








27 de marzo de 2013

Pena Trevinca: meca do esquí de montaña en Galicia

O noso gran macizo de alta montaña tódolos invernos agasállanos cun intenso terreo ablancuchado polas fortes folerpadas, que venteadas con xeito, chegan a formar grandes cornisas pra encher o noso millor gosto montañeiro.
Aproveitando un oco de bo tempo nesta constante e permanente borrasca, botámonos a facer unha soleada travesía de esqui de montaña accedendo dende a Fonte da Cova cabalgando os nosas táboas dende a beira mesma do hotel rural que permanece pechado dende a tempada pasada, peche que xa aventuramos algúns que víramos nacer e morrer a anterior experiencia da estacion de esqui e hotel de "montañas de trevinca s.a." nos anos 70. ¡¡¡Unha mágoa!!
Despois dunha proveitosa práctica de seguros de fortuna na montaña invernal e prácticas de caidas en neveiros e furada de cornisas, rematamos coa posta do sol unha travesia na que a volta a Fonte da Cova faise interminabel coma xa sabiamos por moitas experiencias anteriores.
Laiamonos do destrozo inmenso das pizarreiras nestas grandes montañas, se ben a neve fai que minimicese a petada  nos nosos ollos  uniformando con xeito a paisaxe.Bulide axiña a disfroitala alta montaña galega...













19 de marzo de 2013

Neve no Xurés-Gerês


Tamén As montañas do Sur recibiron a súa parte de neve neste inverno tan atípico. Aproveitando a vía nova que remata logo de Celanova, chegar a Portela redúcese en moito tempo. Ollo, non coller a famosa Vía Nova ( itinerario Antonino número XVIII )



Camiño a Carrís
 Cerca de Carrís ( foto de http://carris-geres.blogspot.com.es/ )






 Santa Eufemia



Mirando Os montes sobre As Sombras

13 de febrero de 2013

Vía Ferrata en Picos

Andamos ainda cos peldaños e o cable de aceiro dando voltas e por aí aparece de cando en vez algunha ferrata nova. Non é preciso unha vía longa. Unha coma esta que se pode percorrer nun par de horas ou menos. Aí andamos...







A ferrata conta con dous percorridos de diferente dificultade: un que enlaza as tres paredes principais que levarán aos usuarios ata o mesmo cume e outro de máis dificultade (valorado como difícil) que á metade da terceira parede sepárase cara unha ponte tibetana de certa dificultade cunha complicada saída por un muro extraplomado cara o cume. Para este segundo percorrido faráse imprescindible contar con experiencia e/ou contratar un guía.



31 de enero de 2013

Manzaneda

Como ben dicen os nosos sabios nas súas acomodadas vidas, o do cambio climático é unha bobada. Por iso neva en Manzaneda. O paquetón caeu tarde, mais segundo dín os paisanos, poucas veces viran tanta neve. Pero eles que van saber.
 
                                          Raquetas cerca do Refuxio do CAM
   
                                         
                                          Trevinca ao fondo, Manzaneda diante


                                          Cume de Manzaneda. Forte vento


                                         O Seixo dende o cume de Queixa