7 de abril de 2015

Nórdico nos Pirineos 2015

Disfrutando do fondo nas montañas de Pirineos. A escola de nórdico das Trabancas deunos o impulso xusto pra seguilo ben lonxe. Mágoa de non estar todo o equipo...
Estas imaxes corresponden ao circuito de esquí de fondo de Somport en Francia.
Boa zona montañeira...e cerca da marchosa Jaca...



25 de marzo de 2015

Meda da Rocalva 1363m

Circular desde Leonte, pasando por Messe e chegando á Rocalva. Regreso polo Borrageiro.






21 de enero de 2015

Pradeira "As Trabancas", mais aló de Montederramo

Exploracións de Aurelio e Antón que atopan o prado mais axeitado pra realizar un pequeno circuito de nórdico. Lomas asequibles que adozan baixadas controladas. De cotío rematan ben pero o esforzo na cuña cos nórdicos e ben dificil.





17 de enero de 2015

Regreso ás Aguilladas

  As Aguilladas as grandes paredes da montaña ourensana. Dende Budiño a  Peneda, que repasamos ben durante anos atopamos a 45 minutos do refuxio do CAM e en plena Serra, na Alta Montaña. A Benemérita ten unha vía, hoxe xa reinstalada con potentes seguros e reunións. foran os primeiros en chegar. O relato das nosas aperturas en transourensan . Despois Finuco instalou as Aguilladiñas. Nada ten que ver a escalada nos paredóns que a deportiva no muro de mais abaixo.

  Tomamos contacto cas Aguilladas. Recoñecemos as vías abertas por nós e consideramos a instalación de novos seguros. Esta zona de escalada en montaña ainda agarda a apertura de novos itinerarios.


                                                       As Aguilladas

                                                 Refuxio


                                                    


                                                    No alto das Aguilladiñas



                                            Lagoa Pequena e aprox. a Prada



                                            zona de escalada na estación


26 de noviembre de 2014

Arista NO do Taillón 3144

Escalada efectuada a finais do verán con bó tempo e ganas que é o que falta moitas veces...en fin. Información facilitada pola Xeográfica.
A escalada da arista comenza aos 2589 mts ca travesía do glaciar do Taillón. Superadas as grietas e a morrena final cabalgamos a arista a 3000 mts. A neboa de primeiras horas non axudou non, pero a precisa información facilitada por Anton e Gabriel, a memoria fotografica de Ana e a boa orientación do que relata e suscribe permitiron unha escalada magnífica con chegada o cume e regreso pola famosa brecha.




 kiko

16 de noviembre de 2014

Lagoas de Trevinca


Rematado o verán recuperamos as imaxes das escapadas por Trevinca. Desde o Teixadal ate casaio pasando polas Lagoas do macizo, sen perder o camiño non vaía ser que nos teñan que rescatar...

Lagoa de Ocelo


Lagoa da Serpe


A Serra desde as alturas de Ponte


                                                      






23 de octubre de 2014

Teixadal de Casaio


Para achegarse o maior Teixadal coñecido ou mellor conservado a este lado dos Pirineos é preciso atravesar as oscuras terras devastadas polos pizarreiros. Pasamos cerca das minas de Valborraz  que surtiron de wolframio ou tungsteno os Nazis e das que so restan cascallos arredor de naves derrubadas. Estamos nunha zona de especial protección, segundo a Xunta, pero o Teixadal segue degradándose como podemos comprobar. O redor destes Teixos atopamos tamen os restos da casa do Maquis.





Track o Teixadal dende casaio

26 de agosto de 2014

Pirineos 2014, Escarrilla

                        recapitulando, que xa pasou algún tempo,


Día de coñecemento do medio. Cume do Pico de Anayet, 2574, e do Vértice de Anayet, 2555
                                                      


grupo completo. falta Tino...
 Camiño de inverno, por se alguén e anima. Xusto por onde nós baixamos e algún
 deixou as rodillas.


Carreteira asfaltada hasta os remontes

inicio da escalada



Vertice de Anayet

Cables. Gracias a cablería a ascensión ao pico de Anayet é mais facil. Sen embargo un casco e un budrier poden ser necesarios para os non iniciados.

Ascenso ao Vértice

Ibones de Anayet e o Midi ao fondo. O Midi queda para outra...

"Atallo" do Anayet

ASCENSION SABOCOS, 2749








Fermosas Pedreiras hacia o Sabocos, 2749





chegando as rochas "estables" do Sabocos


festexando a xornada. así todolos días


PANTICOSA A IBONES AZULES
Encoro de Bachimaña, 2177. Ao fondo Puerto e Pico de Marcadau ou Panticosa


Ibón azul inferior e Picos del infierno, 3075
Descenso ao Balneario por alternativa ao GR

ahí estan as "zetas" do GR antes do refuxio de Bchimaña


Camping despois da tomenta





                                             ASCENSION PICO CRISTALES, 2887


Punta Zarra, Llena Cantal e Gran Facha desde Respumoso

Cume do Cristales e a Cresta do Diablo