13 de marzo de 2010

Travesía circular polos Picos do Inferno






Esta travesia é de gran dureza ,pode levarnos unhas 11 horas moitas delas en soedade xa que algunhas das zoas de paso son moi pouco visitadas.Recomendamos facela a primeiros da tempada para disfroitar dun gran ambente montañeiro aplicandonos no uso do piolet e os crampos.
Sairemos do dique do encoro pequeno de Bachimaña,subindo a traves ata chegar ao Ibon de Arnales, seguindo en forte subida ata o collado de Pondiellos a mais de 2800m.¡¡UFF!!
Baixaremos aos ibones do mesmo nome para despois de atopar restos do glaciar do inferno entrar na famosa e perigosa Marmolera ,logo de atravesala con dificultade notabel achegaremonos ao ibon de Tebarray chegando ao collado do Inferno.Baixaremos logo aos ibones Azuis para rematar de novo no Ibon de Bachimaña dando por rematada ista grandiosa travesia.
Mais de trinta anos pasaron xa da primeira vez que fixemos iste percorrido e sigue sendo unha das mais lembradas travesias da nosa dilatada vida montañeira
TOTALMENTE RECOMENDADA PARA ESPRITOS MONTAÑEIROS

2 comentarios:

kico dijo...

Teño pateado tamén esta zona, e sempre levando a un grupo. Hay que joderse. Pero ben é certo que o sitio éche solitario. Sería un bó acerto pensar en repetilo, como o do Perdido. Ou ambos. depende do noso estado

kico dijo...

xa vín as entradas de " Transourensán " .